Galego

Translated by Translator Brigades – translatorbrigades@gmail.com

¡OS DEREITOS HUMANOS NON SON ALGO OPCIONAL!

Reivindica o 10 de decembro de 2011 como xornada de acción alternativa ao Día Internacional dos Dereitos Humanos.

O éxito do 1 de outubro xerou un ímpeto sen precedentes para a acción global. A humanidade uniuse a través das fronteiras na loita pola democracia real e os dereitos individuais. É esencial nesta loita o respecto pola vida humana e as condicións de vida, incluido o medio.

A sociedade civil está a ser ameazada por un sistema baseado no poder e non nos valores humáns. Día tras día reprime liberdades básicas e favorece sistematicamente a avaricia duns poucos en detrimento das necesidades da maioría. O poder financia guerras, monopolios
alimentarios e farmacéuticos, apoia réximes ditatoriais en todo o mundo, destrúe o medio ambiente, manipula e censura os fluxos de información e impide a transparencia.

A pesar das nosas diferentes culturas e contextos sociais, todos e todas sufrimos as mesmas ameazas. A nosa liberdade e a nosa dignidade son atacadas pola lóxica do mercado e por gobernos corruptos que están a converter as nosas sociedades locais e globais en lugares cada
ves máis inxustos. Os gobernos deste planeta deben traballar para as persoas, non contra de elas.

Chegou o momento de defender unidos os nosos dereitos e esixir os dereitos que nos foron prometidos na Declaración Universal dos Dereitos Humáns en 1948, asinada e aprobada pola maioría das nación do mundo e a base para moitas das nosas constitucións. A loita polos nosos dereitos como seres humáns subxace a todo o que esiximos en cada praza e en cada manifestación durante este ano histórico de cambio global. Non hai mellor culminación posible para este ano de protesta que un día global de acción para defender, fronte aos que intentan arrebatárnola, a nosa inalienable igualdade como seres humáns.De leste a oeste, de norte a sur: o 10 de decembro tomaremos as rúas e prazas xuntos para reclamar os principios fundamentais que nos prometeron e que nos son inherentes en tanto que Seres Humáns.

Gostariamos propor a semana do 10 de decembro (días 10-17) como período de formas alternativas de protesta, que serían establecidas por todas e todos nós tras un debate. A idea é participar mediante a proposta de novas formas de acción con espírito creativo: podemos organizar foros e obradoiros públicos, “flash-mobs”, promover o movemento nas escolas locais e os barrios, así como poñernos en contacto con organizacións humanitarias que traballen cos mesmos obxectivos.

Este é un chamamento para calquera persoa, asemblea ou organización humanitaria independente, a participar neste proxecto creativo: dinos que estás a organizar para o Día Internacional dos Dereitos Humanos, envíanos as túas propostas e vota polas que che gusten picando aquí: “FEEDBACK“.Publicaremos as achegas na nosa páxina e difundirémolas na Internet para que outros poidan unirse ou debater. Unha discusión de tipo máis xeral está a ter lugar aquí: “titanpad.com/humanrights”. ¡Entra e participa!

Submit your comment

Please enter your name

Your name is required

Please enter a valid email address

An email address is required

Please enter your message

Designed by WPSHOWER

Powered by WordPress